Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 14

Metáfora da metáfora

María Xosé Queizán

«Metáfora da metáfora» é unha reflexión sobre a palabra literaria como forma de poder e, en última instancia, sobre o poder da palabra nunha meditación sobre o amor sancionado pola tradición literaria masculina e sobre a necesidade de inventar novos paradigmas...

Amor de tango

María Xosé Queizán

En «Amor de tango» María Xosé Queizán presenta unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dos recordos de Margot, unha das protagonistas...

Despoxos e vísceras ilustres

María Xosé Queizán

O corazón de Percy B. Shelley, poeta romántico inglés, é un dos protagonistas deste libro. Despois dunha morte por afogamento e de pasar varios días no mar, as amizades conseguen incinerar o escritor, pero a súa víscera do amor e dos sentimentos, a máis acaída ao romanticismo, resístese á desaparición para regresar a carón da súa amada Mary e do seu fillo Florence...

Vivir a galope

María Xosé Queizán

Este é o testemuño literario dunha vida intensa e comprometida, a autobiografía que traza a traxectoria vital dunha das autoras máis relevantes e influentes da literatura galega e, ao tempo, o relato de toda unha época...

Sentinela, alerta!

María Xosé Queizán

Un aprendiz prepara, sen sabelo, o seu propio cadaleito na carpintería da prisión, onde os ebanistas se afanan en tallar os mobles para o Dobre, o director do centro, aquel ser cruel e odiado por todos...

Son noxento

María Xosé Queizán

Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha «nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas e tradicionais»...

Emilia Pardo Bazán

María Xosé Queizán

«Emilia Pardo Bazán nace cun don: a curiosidade, o afán de saber. É filla única e os seus amigos van ser os libros. Le todo o que encontra, incluso os papeis de envolver as pedras de azucre...

O solpor da cupletista

María Xosé Queizán

En O solpor da cupletista María Xosé Queizán focaliza o seu oficio narrativo nun momento final da vida da Bela Otero para presentarnos unha das mulleres saídas de Galicia cunha forza, unha beleza e unha intelixencia tan soberbia que logrou o protagonismo estelar no momento histórico da vida alegre...

Autor/a da semana

Meu pai vaite matar

María Xosé Queizán

Tras rematar un máster de criminoloxía, Diana, a filla dunha parella de progresistas, ingresa na Brigada da Policía Xudicial, onde coñecerá a Mario, un mozo aleitado no rural, co que axiña ennoivará...

O Segredo da Pedra Figueira

María Xosé Queizán

Lazo, unha rapaza de doce anos, emprende viaxe coa súa tribo dos Amala desde a illa de Rocasul cara ao Sur. No barco, a avoa Sensatanai cóntalle a historia dos terroríficos Lurpios, que botaran a tribo da illa de Tule por atopar unha espada coa que mataron o Gran Dragón...

Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial

María Xosé Queizán

A escritora británica Mary Wollstonecraft Shelley espertou cedo o interese dos estudos feministas. A súa completa educación, pouco habitual nas mulleres da época, permitiulle crear a figura literaria de Frankenstein...

Anti natura

María Xosé Queizán

Anti natura é unha viaxe polo saber. María Xosé Queizán descobre as trampas e simplifica as teorías que, desde Aristóteles ata Freud, lexitimaron o patriarcado, deténdose nas distintas concepcións do feminismo e apoiándose nos valores racionais de igualdade e xustiza...

Cólera

María Xosé Queizán

Este novo poemario de María Xosé Queizán tenta recuperar a memoria da resistencia contra o franquismo, desde mediados dos 60 a mediados dos 70. Foron anos de rebeldía en que se produciron as folgas obreiras, as loitas contra o réxime opresor, confrontacións que causaron mortes, detencións, cárcere, exilio...

Racionalismo político e literario

María Xosé Queizán

Neste volume ensaístico María Xosé Queizán pretende concertar as ciencias coas humanidades baseándose na convicción de que a literatura, como a ciencia, empeza no mundo real e ambas as dúas proxectan a presenza humana a todo o universo...